A segorellaNome vulgar galego n´"Os cultivos agrícolas" en Vocabulario do medio agrícola Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988; e Guía da alimentación Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 1995 (Satureja hortensis L.) é a especie máis coñecida das especies do xénero Satureja. É unha planta anual, semellante no uso e en sabor á perenne Satureja montana.

Descrición A herba acada de 30 a 60 cm de altura, e ten follas moi finas dunha cor verde bronceada. Toda a planta está cuberta dunhas vilosidades curtas. As flores desta herba son de cor lila e tubulares, roseando de xullo a setembro.

150px|left|miniatura|A segorella.

Cultivo Os xardineiros que desexen cultivala deben sementala entre finais de inverno e primavera, a 1,5 mm de profundidade nun bo alcouve con compost. A xerminación adoita requirir de 14 a 21 días a 18-20 °C. Ao acadar o tamaño axeitado cómpre transplantar a un vaso de aproximadamente 7 centímetros de altura. Máis tarde, ao acadar os 40 centímetros de altura, débense plantar nun solo con boa drenaxe, a pleno sol e a unha distancia de 38 cm. Apáñanse as follas que se van empregar idealmente en agosto. O resto da planta ten sementes de abondo para que na vindeira primavera agromen novas plantiñas.

Usos Na gastronomía prefírese esta planta cá Satureja montana L. por mor ao seu delicado recendo e a súa dozura. Salienta na cociña búlgara, dando un forte e picante sabor aos pratos máis simples e máis extravagantes. No canto de sal e pebre, na mesa búlgara atoparemos tres condimentos: sal, pemento e segorella. Cando se mesturan estas tres especias obtemos a sharena sol (sal colorido).

A segorella coñécese en lingua romanesa coma cimbru sendo moi apreciada na súa cociña, especialmente nos pratos de feixóns e lentella, mais tamén en carnes ou sarmale (rolos desecados de repolo).

Usos medicinais É antiséptico, adstrinxente, calorífero, con sabor a pementa; elevado contido de carvacrol.

Emprégase para suplir a falla de zume gástrico, contra os parasitos intestinais, a gota, o reumatismo, as doenzas bronquiais, a impotencia e a frixidez.

É, tamén, un bo desinfectante bucal facéndose gargarexos coa súa tisana.

Externamente úsase en baños, contra afeccións cutáneas.

Sinonimia Satureja laxiflora K.Koch Satureja pachyphylla K.KochSinónimos en Real Jardín Botánico

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Satureja Categoría:Especias Categoría:Plantas medicinais Categoría:Herbas aromáticas Categoría:Taxons descritos por Linné