Aegaeon lacazei (Gourret, 1887) = Pontoicaris lacazei (Gourret, 1887) é unha especie de crustáceo malacostráceo decápodo carideo da familia dos crangónidos que habita nas costas do océano Atlántico, desde as illas Británicas até Suráfrica, no Mediterráneo (mares de Alborán, Adriático, Xónico e Exeo) e nas da rexión Indo-Pacífica (Madagascar, Tanzania, Polinesia Francesa, Nova Caledonia).Aegaeon lacazei (Gourret, 1887) no WoRMS.

Taxonomía

A especie foi descrita en 1877 polo carcinólogo francés Paul Gourret co nome de Crangon lacazei, que máis tarde foi reclasificada no xénero Pontocaris e, finalmente, no Aegaeon.

Nome galego

Os profesores F. Lahuerta e F. X. Vázquez propoñen para esta especie, que citan como Pontocaris lacazei, o nome de quisquilla blindada.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 223.

Tamén se coñece polos nomes de camarón cascudo ou camarón de Lacaze.A Chave (2020): Os nomes galegos dos crustáceos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave Consultado o 30 de xuño de 2022.

Os nomes noutros idiomas, segundo este autores son: Castelán: camarón blindado Francés: crevette-crâne Inglés: hardshell shrimp

Notas

Véxase tamén Bibliografía Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Türkay, M. (2001): "Decapoda", en: Costello, M. J. et al. (eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 284-289. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos Crangónidos

Categoría:Carideos Categoría:Animais descritos en 1877 Categoría:Produtos da pesca