Avelino Cal Fernández, nado en Redondela en 1901, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria Fillo de Saturno Cal Muíños. Foi contable nunha empresa en Madrid. Na Segunda República foi correspondente en Madrid do periódico redondelán El Soplete. Regresou a Redondela para ser contable da fábrica de conservas JOB de José Otero González. Militou no Partido Galeguista e foi director do seu voceiro Terra! En abril de 1933 foi candidato nas eleccións municipais, pero non foi elixido. En 1935 foi elixido secretario xeral do Grupo Galeguista de Redondela. No franquismo foi director xerente e despois apoderado da fábrica de conservas JOB.El Pueblo Gallego, 23-6-1964, p. 14. Colaborou e foi asesor técnico do Club Deportivo Redondela.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Redondela Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en ano descoñecido