miniatura|260px|Palaemon elegans en visión lateral. O camarón de praia,Lahuerta e Vázquez (2000), p. 224. ou camarón das pozas,A Chave (2020): Os nomes galegos dos crustáceos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave Consultado o 30 de xuño de 2022. Palaemon elegans, é unha especie de crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos e familia dos palemónidos (Palaemonidae).
Taxonomía Descrición A especie foi descrita por primeira en 1837 vez polo científico alemánn Martin Rathke.Rathke, H. (1837): "Zur Fauna der Krym". Mémoires de l’Académie Impériale des Sciences de St. Pétersbourg 3: 291-454, Láminas 1-10.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes: Palaemon squilla Leach, 1816 Leander squilla elegans (Rathke, 1837) Palaemon minans Norman, 1861 Palaemonella gracilis Paulson, 1875 Leander squilla prototypa Czerniavsky, 1884 Leander squilla brevidigitata Czerniavsky, 1884 Leander squilla typica Czerniavsky, 1884 Leander squilla intermedia De Man, 1915
Nomes populares galegos Ramonell dálle a esta especie o nome de camarón da praia, igual que fai Daviña Facal,Daviña Facal, Luís (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 2. C. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 750. ISBN 84-95335-46-8 mentres que Ríos Panisse só recolle para ela (citada polo sinónimo Palaemon squilla) o de camarón, sen adxectivos, en Laxe, e tamén apunta que así o denominan Valladares, Crespo e Cornide, aparecendo tamén recollido con este nome no dicionario da RAG dos anos 1930.Ríos Panisse (1977), p. 43.
Características Palaemon elegans é un camarón típico, co corpo cilíndrico, algo deprimido lateralmente, composto por un cefalotórax na parte dianteira e un abdome formado por seis segmentos. Ten o rostro ancho, curto e bastante recto (só lixeiramente arqueado cara a arriba), con distintivos dentes dorsais (6 ou 7, ás veces até 9) e ventrais (3 ou 4). Xusto debaixo dos grandes ollos compostos están as anténulas, que se dividen en tres partes e, por debaixo delas, as antenas; divididas en dúas partes. Os dous primeiros pares de patas marchadoras rematan en quelas (pinzas).
É o máis pequeno dos camaróns galegos, alcanzando tan só 5 ou 6 cm de lonxitude (sen contar as antenas).
A súa coloración é gris translúcida, con liñas de cor verella apardazada, escuras, no cacho (cefalotórax), con algúns cromatóforos brancos, e o abdome con liñas transversais negras alternando con liñas de puntos brancos. Os segmentos quinto e sexto, e mais o telson, teñen manchas alaranxadas. O segundo par de patas ten os dáctilos de cor azul coas puntas amarelas, propodios tamén azuis, con cíurculos alaranxados e brancos.
Palaemon elegans é moi semellante a Palaemon serratus, Palaemon longirostris e Palaemon adspersus, pero pode distinguirse destes outros camaróns polo número de dentes rostrais e o pedipalpo mandibular, que se compón de dous segmentos. A especie máis parecida é P. adspersus, que é de tamaño un pouco maior, 7 cm como máximo, mentres que P. serratus, o camarón "propiamente dito" chega até os 10 cm.
Hábitat e distribución Hábitat Vive en pozas litorais e zonas rochosas de pouca profundidade (nunca a máis de 40 m) e con moita vexetación, en augas de temperaturas entre os case 7 e os case 12 °C, e cunha salinidade de entre o 10 e o 35 ‰.
Distribución É un camarón propio das augas do Atlántico nororiental, especialmente nas costas das illas Británicas, mar do Norte, Alemaña, Dinamarca e sur de Suecia e Noruega, e tamén se acha no Mediterráneo, especialmente no oriental, chagando até o mar Negro, pero tamén se estende polo sur polas costas africanas subtropicais e tropicais, desde Marrocos até Namibia.EOL . É frecuente en todo o litoral da Península Ibérica e, obviamente, nas rías galegas.Ramonell, R. (1985), p. 214.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Costello, M. J. et al. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 284-289. ISBN 2-85653-538-0. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-506-3. Ríos Panisse, Mª C. (1977): Nomenclatura de la flora y la fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
Outros artigos Carideos Camarón
Ligazóns externas Palaemon elegans na ADW. Palaemon elegans Rathke, 1837 no WoRMS. Palaemon elegans no ITIS.
Categoría:Carideos Categoría:Crustáceos de Galicia Categoría:Crustáceos do océano Atlántico Categoría:Marisco Categoría:Animais descritos en 1837