Els Catarres é un grupo de música catalán de estilo pop-folk. Está composto por Èric Vergés e Jan Riera, de Aiguafreda, e Roser Cruells, de Centelles. Coa canción "Jenifer" acadaron a fama no verán de 2011.
Historia miniatura|esquerda|Èric Vergés. O grupo formouse a finais do ano 2010, ao comezo cantando nos bares da comarca de Vallès Oriental e na Fira de Artesania d'Aiguafreda.http://www.diaridegirona.cat/estiu/2011/08/10/no-gaire-relacio--chonis-castefa/507259.html O seu primeiro grupo de cancións estivo dispoñíbel só en Internet http://www.ara.cat/cultura/catarres-nova-sensacio-catala-xarxa_0_498550397.htmlhttp://www.324.cat/video/3579930/Els-Catarres-i-lexit-de-la-seva-Jenifer. Grazas a unha delas, «Jenifer», unha canción que fala do amor prohibido entre un patriota catalán e unha choni de Castefa saltaron á fama no 2011. No xuño do 2011 o vídeo en YouTube da canción «Jenifer» chegaba ás 200.000 visitas e a mediados de setembro achegábase ás 800.000 http://www.lavanguardia.com/musica/20110913/54215989762/jenifer-la-nueva-reina-de-youtube.html grazas ao boca-orella dixital.http://www.regio7.cat/cultures/2011/06/24/boca-orella-digital/152338.html A comezos de outubro chegaron ao millón de reproducións e recibiu multitude de versións.http://www.ara.cat/politica/Pujol-Catarres-Jennifer_0_551944940.htmlhttp://www.ara.cat/xarxes/Montserrat-Jenifer-catalana-Los-Chatarras_0_554944612.htmlhttp://www.elpuntavui.cat/noticia/article/2-societat/5-societat/458047-en-realitat-jenifer-es-diu-laura-i-es-de-mata.html Ao longo do verán do 2011 tiveron un centenar de concertos programados por toda Cataluña. Manifestaron que se algunha vez fichaban por unha discogràfica sería coa condición de poder continuar ofrecendo a súa música na rede de balde .
O 29 de novembro de 2011 sacaron á venda o seu primeiro álbum, Cançons 2011, con 13 cancións, catro delas inéditas. Baixo o selo Discmedi Blau, o disco podíase comprar nas tendas, aínda que as cancións podíanse atopar gratuitamente en Internet.http://www.ara.cat/cultura/Catarres_0_564543673.htmlhttp://www.ara.cat/premium/cultura/Catarres-disc-ja-pirategem_0_598740136.html A primeira canción inédita en pendurarse foi «Me'n vaig al camp», unha parodia dun «modernet» de Barcelona que decide ir a vivir ao campo . En total venderon máis de 5000 discos http://www.enderrock.cat/noticia/6649/catarres/engeguen/gira/bandarra/2012.
En marzo de 2012 Els Catarres gañaron o Premi Enderrock 2012 pola mellor letra de canción por «Jenifer» http://www.elpuntavui.cat/noticia/article/5-cultura/19-cultura/517670-la-jenifer-a-10-milles.html. No verán do mesmo ano puxeron en marcha a xira Bandarra 2012 coa presentación de novas cancións, entre as cales, «Tintín» e «La contorsionista», esta última rexistrada coa colaboración de 'Adrià Salas de La Pegatina.http://www.el9nou.cat/noticies_o_0/23937/_tintin_,_l_exit_d_els_catarres_per_2012
No 2013 publicaron o seu terceiro traballo, Postals, baixo o selo de Música Global e comezaron unha xira, titulada co mesmo nome, que os levou arredor dos Países Cataláns. Ao ano seguinte, o grupo continuou coa xira Postals e esgotou as entradas dos dous concertos de fin de xira na Sala Apolo de Barcelona en nove días.
Discografía 2011: Cançons 2011 2012: Tintín i La Contorsionista 2013: Postals 2015: Big Bang 2018: Tots els meus principis
Premios e recoñecementos Premio Enderrock 2012 á mellor letra de canción por «Jenifer» Premio ARC á mellor xira de festas maiores Premio Enderrock 2014 por votación popular ao mellor artista de pop-rock Premio Enderrock 2014 por votación popular ao mellor disco por Postals Premio Enderrock 2014 por votación popular á mellor canción por «Vull estar amb tu» Premio Enderrock 2014 por votación popular á mellor letra de canción por «Vull estar amb tu» Premio Enderrock 2014 por votació popular á mellor portada de disco por Postals
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de folk Categoría:Grupos musicais de pop Categoría:Grupos musicais de Cataluña Categoría:Grupos musicais formados en 2010 Categoría:Artistas de Música Global Categoría:Aiguafreda