Thor Heyerdahl, nado en Larvik, Noruega, o 6 de outubro de 1914 e finado en Andora, Italia, o 18 de abril de 2002, foi un zoólogo, xeógrafo, antropólogo e explorador noruegués.
Traxectoria Foi o ideólogo e líder da expedición do Kon Tiki (1947), na que nunha balsa construída a base de troncos e fibras vexetais naturais suramericanas percorreu os 8.000 km existentes entre Perú e as Illas Tuamotu, na Polinesia, xunto con outros cinco compañeiros. Deste xeito, demostrou que era tecnicamente posible que coas técnicas da América precolombiana os nativos suramericanos puideran sulcar o océano Pacífico e colonizar as illas polinesias. A viaxe durou 101 días e toda a tripulación chegou en perfecto estado á Polinesia. A raíz da expedición, publicouse un libro, que foi traducido a 66 idiomas, e rodouse un documental que conseguiu o Óscar ó mellor documental en 1951.
Posteriormente estivo involucrado noutras expedicións e proxectos arqueolóxicos. Tras un intento errado o ano anterior, en 1970 conseguiu chegar nunha embarcación de papiro dende Marrocos ás Illas Barbados, demostrando que os habitantes do Antigo Exipto puideran chegar a América cruzando o océano Atlántico aproveitando a corrente das Canarias.
Véxase tamén Outros artigos Poboamento de América
Ligazóns externas Museo Kon-Tiki .
Categoría:Zoólogos de Noruega Categoría:Antropólogos de Noruega Categoría:Exploradores Categoría:Nados no condado de Vestfold og Telemark Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Finados por tumor cerebral