miniatura|Situación e cunca o lago Eyre. O lago Eyre (en inglés Lake Eyre, oficialmente Kati Thanda–Lake Eyre) é, nas raras veces nas que está cheo, o lago máis grande de Australia e tamén o punto máis baixo do país (aproximadamente 15 m por debaixo do nivel do mar). Trátase dun lago endorreico, dunha superficie de 9.690 km² (máx.)«Largest Waterbodies», no sitio «Geoscience Australia», dependente do Australian Governement, dispoñible en liña en: (en inglés).

Este lago debe o seu nome a Edward John Eyre, un explorador que, en 1840, relatou a súa existencia. Nas décadas seguintes, este lago foi explorado diversas veces (1857 - Goyder; 1866 - Warburton; 1901 - Gregory), mais só en 1922 é que Halligan conseguiu definir os contornos deste lago, por vía aérea.

Atópase na zona desértica de Australia central, ao norte de Australia do Sur. A cunca do lago Eyre é un enorme sistema endorreico arredor do lago, estando a parte máis baixa cuberta dunha capa salgada característica dos sistemas endorreicos, producida pola expansión cada tempada do volume de auga e a consecuente evaporación das augas atrapadas. Aínda nas tempadas máis cálidas, case sempre queda algo de auga no lago, que normalmente se recolle nunha serie de lagos subterráneos máis pequenos. Durante a tempada de chuvias, os ríos do nordeste (no outback, en Queensland) flúen cara ao lago. A cantidade de auga do monzón determina se a auga logrará alcanzar o lago e se o fai, que profundidade alcanzará. O lago tamén pode sufrir inundación pequenas e moderadas, provocadas polo volume de chuvias caídas na zona. O normal é que haxa inundacións de 1,5 m (5 pés) cada tres anos; de 4 m (13 pés), cada década e unha inundación completa ou case, catro veces cada 100 anos. A auga do lago evapórase rapidamente, de maneira que as inundacións menores e medias sécanse cara ao final do verán seguinte.

Como curiosidade, existe o Club de Vela do Lago Eyre, que navega polo lago aproveitando as inundacións menores.Páxina do Club de Vela do Lago Eyre

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Parque Nacional Lago Eyre Lago pluvial Bibliografía Dicionário Ilustrado das Maravilhas Naturais do Mundo, Ed. Selecções do Reader's Digest, 1980. Ligazóns externas Páxinas do Observatorio da Terra da NASA sobre o Lago Eyre: ,

Eyre Categoría:Xeografía de Australia