Olimpiodoro de Tebas, nado en Tebas, Exipto, c. 378 e finado despois de 425, foi un historiador, filósofo e diplomático do século V.

Traxectoria Naceu na cidade exipcia de Tebas no ano 378 e faleceu despois do ano 425, serviu como embaixador ante os hunos nos anos 412 e 413, o que o converte nunha das principais fontes de información sobre este pobo.

É escritor dunha Historia en 22 libros que abarca o transcurso dos anos 407 a 425, sendo crucial para coñecer algúns acontecementos, como a invasión bárbara caníbalOlimpiodoro indica que nalgunha cidade da Hispania houbo casos de canibalismo. Juan José Sayas Abengoechea, Historia Antigua de España (II). Uned 2001 ISBN 84-362-4398-6. Páx. 191. das provincias hispanas no outono do ano 409, as rendas dos senadores romanos nos seus días ou o asasinato do rei visigodo Ataúlfo en 415. Con esta obra procurou dar o seu apoio a Estilicón no seu intento de reunificar o Imperio. O seu traballo perdeuse, pero é coñecido grazas a uns 40 fragmentos da biblioteca do escritor bizantino Focio e serviu como fonte da doutros autores como ZósimoZósimo baseouse en Olimpiodoro. Averil Cameron. El bajo Imperio Romano, 284-430. Páx. 218. ou Sozomeno.

Está incluído na corrente filosófica denominada peripatética, seguidora polo tanto, das ideas de Aristóteles e aínda que era un pagán convencido, dedicou a súa obra ao emperador Teodosio II.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

E. A. Thompson, Olympiodorus of Thebes. Classical Quarterly 38 (1944): 43-52. Outros artigos Paulo Orosio Invasións xermánicas na Península Ibérica

Ligazóns externas OLIMPIODORO: «HISTORIAS», segundo o resumo de Phocio. Tradución e adaptación Cristian Parra Ruiz

Categoría:Nados en 378 Categoría:Finados en 425 Categoría:Escritores en lingua grega Categoría:Historiadores da Grecia antiga Categoría:Personalidades da filosofía Categoría:Personalidades da Grecia antiga Categoría:Historiadores bizantinos