San Martiño de Lariño é unha parroquia situada ao sur do concello de Carnota. Segundo o IGE en 2018 tiña 444 habitantes (221 homes e 223 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 646 habitantes. Nos últimos anos, a natalidade está a baixar mentres que a poboación componse principalmente por persoas da terceira idade.

Patrimonio dereita|200px|miniatura|Faro de Lariño. Ademais do seu patrimonio natural, como a súa praia de 1.870 m, ten diferentes construcións, tanto civís (pombais, cabaceiras, o faro de Lariño) como relixiosas (cruceiros e a igrexa parroquial). Dita igrexa levántase sobre os restos dunha antiga ermida. Presenta planta de cruz latina cunha nave principal dividida en tres espazos por arcos de medio punto cun coro de grandes proporcións.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Lariño

Parroquias de Carnota

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carnota

Categoría:Parroquias de Carnota Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño