My Iron Lung é o terceiro EP da banda inglesa de rock alternativo Radiohead, publicado o día 24 de outubro de 1994. A canción do título aparece no segundo álbum de estudio do grupo, The Bends (1995). O EP tamén contén descartes das sesións dese disco, compilando temas que foran caras b dos sinxelos de "My Iron Lung" en distintos mercados. My Iron Lung foi orixinalmente editado só en Australia, pero na actualidade está dispoñible en todo o mundo.

Listaxe de cancións "My Iron Lung" – 4:36 "The Trickster" – 4:40 "Lewis (Mistreated)" – 3:19 "Punchdrunk Lovesick Singalong" – 4:40 "Permanent Daylight" – 2:48 "Lozenge of Love" – 2:16 "You Never Wash Up After Yourself" – 1:44 "Creep" (Acoustic) – 4:19

Categoría:EPs musicais de 1994 Categoría:EPs de Radiohead