Iniciativa Merindades de Castilla (IMC) é un partido político castelanista da bisbarra das Merindades no norte de Burgos fundado no 2006. O seu obxectivo principal é defender os intereses dos habitantes desa bisbarra de Burgos.
Historia Participou nas eleccións municipais de 2007, logrando 1.152 votos e 10 concelleiroshttp://www.infoelectoral.mir.es/min/busquedaAvanzadaAction.html?vuelta=1&codTipoEleccion=4&codPeriodo=200705&codEstado=99&codComunidad=8&codProvincia=0&codMunicipio=0&codDistrito=0&codSeccion=0&codMesa=0; mentres que a nivel autonómico participou na coalición Alternativa por Castilla y León (ACAL). Nas xerais de 2008 participou e obtivo soamente 200http://www.infoelectoral.mir.es/min/busquedaAvanzadaAction.html?vuelta=1&codTipoEleccion=2&codPeriodo=200803&codEstado=99&codComunidad=8&codProvincia=0&codMunicipio=0&codDistrito=0&codSeccion=0&codMesa=0 votos para o Congreso dos Deputados, porén obtivo 1.311 votos para o Senado. En 2011 acode por primeira vez ás eleccións autonómicas de Castela e León, cun total de 800 votos,http://resultados.elpais.com/elecciones/2011/autonomicas/08/. Nas municipais gañou en votos (1.466) e subiu en concelleiros, con 16 edís. IMC só acudiu ás eleccións municipais de 2015, e obtivo 1.235 votos e 12 edís, é dicir, un resultado lixeiramente inferior ao obtido en 2011http://resultados.elpais.com/elecciones/2015/municipales/08/09.html. Tamén concorreu ás eleccións xerais de 2015.
Notas
Categoría:Nacionalismo castelán Categoría:Forzas políticas de Castela e León Categoría:Partidos políticos de España