La Vie d'Adèle é un filme francés dirixido por Abdellatif Kechiche que se estreou no 2013. Está baseada na serie de banda deseñada Le bleu est une couleur chaude de Julie Maroh.
Sinopse Cos seus 15 anos, Adèle (Adèle Exarchopoulos) non ten dúbidas de que unha rapaza debe saír con rapaces. O problema é que está a cuestionar a súa propia sexualidade. Así que cando unha noite coñece e se namora de Emma (Léa Seydoux), unha moza co cabelo tinguido de azul, os seus sentimentos e a súa identidade volveranse confusos. A súa atracción por unha muller, que comeza a descubrirlle o desexo e o camiño á madurez, someterá a Adèle a unha serie de xuízos por parte de familiares e amigos.
Personaxes miniatura|dereita|290px|Actores do filme
Léa Seydoux como Emma Adèle Exarchopoulos como Adèle Salim Kechiouche como Samir Aurélien Recoing como Pai de Adèle Catherine Salée como Nai de Adèle Benjamin Siksou como Antoine Mona Walravens como Lise Alma Jodorowsky como Béatrice Jérémie Laheurte como Thomas Anne Loiret como Nai de Emma Benoît Pilot como Padrasto de Emma Sandor Funtek como Valentin Fanny Maurin como Amélie Maelys Cabezon como Laetitia Stéphane Mercoyrol como Joachim Aurelie Lemanceau como Sabine
Galardóns e nomeamentos 2013: Festival de Cannes: Palma de Ouro (Mellor filme) e Premio FIPRESCI. 2013: Premios do Cine Europeo: Nomeado a mellor filme e mellor director.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Abdellatif Kechiche Categoría:Filmes rodados en Francia Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Francia Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro