A Liga de Defensores de Vigo foi unha agrupación política creada en Vigo en 1922. Historia e características Existiu en 1872 unha Liga de Defensores de Vigo que promoveu o periódico La Concordia.
Organizada en decembro de 1921, constituíuse o 2 de xaneiro de 1922. Formada por persoas dun amplo abano ideolóxico unidas pola angueira de defender os intereses locais. As súas reivindicacións eran os investimentos no porto, a comunicación directa con Madrid por estrada e ferrocarril e o aumento dos centros de ensino público.
Estaba presidida por Adolfo Gregorio Espino, principal figura do maurismo local que se separara do Partido Conservador para intentar rexenerar a política viguesa. Xunto a el figuraron representantes da burguesía ilustrada da cidade coma Manuel Gómez Román, Amador Montenegro, Amado Garra, o avogado e conserveiro Curbera, Bernardo Bernárdez e Eugenio Fadrique González. O principal obxectivo político era tratar de afastar da vida política viguesa a Urzaiz e tódolos seus seguidores.
Convocou mitins públicos e incluso algunha manifestación.
Nas eleccións municipais do 5 de febreiro de 1923 presentou candidatos e alcanzou presenza na Corporación Municipal, pero non conseguiu desprazar da alcaldía a antiga clase política urzaísta. Editou os periódicos La Luz e La Garra.
Canda a ditadura de Primo de Rivera, o ditador suspendeu a corporación viguesa e nomeou un goberno provisorio composto, sobre todo, por liguistas. A finais de ano, nomeou a Adolfo Gregorio Espino, alcalde de Vigo.
A partir da Liga xurdiu a Editorial Vigo, que editou El Pueblo Gallego.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Historia de Vigo Categoría:Organizacións políticas de Galicia Categoría:1922 en Galicia