A República de Carolina do Sur (en inglés Republic of South Carolina) foi un país non recoñecido, situado no actual Estado de Carolina do Sur que declarou a súa secesión dos Estados Unidos de América o 20 de decembro de 1860. Durante este período tamén foi coñecida como a República do Palmetto.

Secesión Por unanimidade, a convención estatal que tivo lugar en Columbia elixiu separarse da Unión. Adoptaron a bandeira do palmeto como bandeira nacionalWalter B. Edgar. "South Carolina: A History". Columbia, SC: University of South Carolina Press, 1998

Tras a declaración de secesión, o antigo congresista James L. Petigru remarcou que Carolina do Sur era moi pequena para ser unha república e moi grande para ser unha residencia de enfermos mentais. Paragraph 4 Pouco despois, Carolina do Sur comezou a prepararse para unha presunta intervención por parte do goberno estadounidense, mentres traballaba por convencer a outros estados do sur en que se separaran da unión para formar unha confederación das repúblicas do sur.

O 8 de febreiro de 1861 a República de Carolina do Sur uniuse aos Estados Confederados de América.

Notas

Véxase tamén Carolina do Sur Estados Confederados de América Guerra Civil Estadounidense

Carolina do Sur