Ángel Llanos González, nado en Vigo o 24 de xuño de 1915 e finado ibídem o 16 de outubro de 2012, foi un fotoxornalista galego.
Traxectoria Fillo do fotógrafo Francisco Miguel Llanos Trápaga e neto do tamén fotógrafo Francisco Llanos Mas, tivo unha dilatadísima actividade profesional, mesmo durante a Guerra Civil Española.
Tras anos de infrutuosas negociacións co Concello de Vigo, o fondo fotográfico Arquivo Ángel LLanos, de preto dun millón de imaxes, foi vendido no ano 2009 á Consellería de Cultura por 180 305 euros, con destino ao Museo Etnolóxico de Ribadavia, pendente da apertura en Vigo do Centro Galego de Fotografía,Adquisición do fondo fotográfico Arquivo Ángel Llanos, 2009, DOG. proxecto que non callou pois finalmente en Vigo abriu o Centro de Arte Fotográfica municipal, para pechar aos poucos días.
O seu concello dedicoulle unha rúa no ano 2004. A Federación Galega de Prensa Deportiva premiouno en 2007 dobremente3ª Gala dos Premios Galicia de Periodismo Deportivo A Coruña. e recibiu da Asociación da Prensa da Coruña o premio de honra Juan Cancelo de fotoxornalismo en 2011.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Sensacións, homenaxe a Ángel Llanos (ed. trilingüe), Concello de Vigo, 1996, ISBN 84-87637-31-0.
Outros artigos Jaime Pacheco Luís Casado Ligazóns externas
"Fallece el fotógrafo Ángel Llanos" La Voz de Galicia .
Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Fotoxornalistas Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 2012