Mauro Alonso Giménez-Cuenca, nado en Vigo o 2 de agosto de 1887 e finado en Vigo o 26 de maio de 1965, foi un empresario e político galego.

Traxectoria miniatura|Antonio Alonso Santodomingo con tres dos seus fillos sentados de esquerda a dereita: Mauro, Rodrigo e Antonio. Un dos seis fillos de Antonio Alonso Santodomingo, nado en Baiona en 1831, e de Eloisa Giménez-Cuenca, que casaron en Cuba, Mauro foi xerente da conserveira Antonio Alonso, hijos, sociedade fundada en 1918.Cristina G. (18/8/2012). "La conservera más antigua de Galicia" Faro de Vigo. Foi vicepresidente da Cámara de Comercio (1921-1924) e presidente do Círculo Mercantil e Industrial de Vigo (1925-1926). Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Vigo e deputado provincial. Nomeado alcalde de Vigo, tomou posesión o 18 de xaneiro de 1927. Dimitiu o 6 de abril de 1929 por presión dalgúns poderes locais. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 volveu ser concelleiro de Vigo. Finou en Vigo o 26 de maio de 1965.Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 28-5-1965, p. 7.

Vida persoal Casou en 1913 con Margarita Gil Sequeiros.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Veiga Taboada, Manuel (2004). O réxime de Primo de Rivera en Vigo e na Provincia de Pontevedra: Da esperanza á desilusión, Revista de Estudios Provinciais n.º 20. Deputación de Pontevedra.

Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Nados en Vigo

Categoría:Finados en 1965

Categoría:Nados en 1887 Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición