A Ferrería é un lugar da parroquia de Gundriz no concello lucense de Samos, na comarca de Sarria. Segundo o IGE, en 2022 estaba despoboado.
Neste lugar atópase a Casa da Ferrería, construción antiga, con muíño de pedra movido pola forza da auga procedente do río Lóuzara, en uso ata hai un par de décadas. Alí acudían os campesiños das aldeas próximas a moer o grao do trigo, da avea, da cebada e sobre todo do centeo, cuxa fariña se utilizaba entón para facer pan para o consumo diario das familias.
Lugares e parroquias Lugares de Gundriz
Parroquias de Samos
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Samos
Categoría:Lugares de Samos Categoría:Despoboados da provincia de Lugo