Manuel Viturro Posse, nado en Rianxo e finado na Coruña o 13 de marzo de 1936,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 14-3-1936, p. 5, 7. foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Manuel Viturro Rivera. Foi alcalde de Noia a finais do século XIX, cargo do que foi suspendido a principios de 1893. Foi secretario da Deputación da Coruña dende 1896. Líder do Partido Liberal en Rianxo, logo de que en 1907 Ramón Tojo Pérez pasase ás filas conservadoras do Marqués de Figueroa, converteuse no home de confianza da familia Gasset. Aparece caricaturizado como cacique por Castelao en El Barbero Municipal. En 1923 foi cesado como secretario da Deputación.

Recoñecementos

Foille concedida a gran cruz de Isabel la Católica en 1920.

Vida persoal

Casou con Elena Somoza Hartley e foi pai de Manuel Viturro Somoza. Notas

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Alcaldes de Noia Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Rianxo Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en ano descoñecido