Joaquín Nin y Castellanos, nado na Habana o 29 de setembro de 1879 e finado na mesma cidade o 24 de outubro de 1949, foi un compositor, pianista e musicólogo cubano-español.

Traxectoria Joaquín Nin naceu na Habana, daquela pertencente ao Imperio español, fillo do escritor catalán en lingua castelá Joaquín Nin i Tudó. Estudou en Barcelona con Carles G. Vidiella e Felip Pedrell, con quen tivo unha longa amizade."Pedrell i els pianistes catalans a Paris" , de Montserrat Bergadà, publicado en Recerca Musicològica XI-XV, 1991-1992, p. 243-257. Interveu na quinta Festa Modernista de Sitges en 1898 cun concerto de piano. Posteriormente trasladouse a París, onde estudou con Moritz Moszkowski e posteriormente con Vincent d'Indy na Schola Cantorum de Paris, onde logo ensinou de 1905 a 1908.

En 1909 foi nomeado profesor honorario da universidade nova de Bruxelas. A súa carreira como pianista obrigouno a residir en Bruxelas (1908-1910) e en Berlín. En 1911 regresou á Habana, onde fundou un conservatorio e unha sociedade de concertos, de vida efémera. Residiu novamente en Bruxelas, e en 1913 vai a París. Ao comezar a primeira guerra mundial regresou á Habana.

Como pianista, interpretou obras dos antigos compositores de tegra, especialmente do século XVIII, viaxando por toda Europa como solista difundindo esa música. Tamén publicou libros de cancións españolas e ensaios polémicos.

Casou con Rosa Culmell, unha cantante de ópera da que se divorciou máis tarde e coa que tivo tres fillos: Thorvald Nin, que se adicou aos negocios, Joaquín Nin-Culmell, que tamén foi compositor, e a recoñecida escritora Anaïs Nin, que chegou a ser a máis coñecida dos seus fillos, debido á publicación dos seus famosos Diarios.

Foi amigo de Maurice Ravel e un dos testemuños da xénese do Bolero en 1928. Foi membro da Academia Española e recibiu en Francia a Lexión de Honor.Taylor, Deems. "Dictionary of Musicians". Music Lovers' Encyclopedia. 4th ed. 1950. Important works for Violin and Piano: Seguida Española (Vieja Castilla, Murciana, Catalana, Andaluza), En el Jardin de Lindaraja,

Obras As súas composicións non son moi numerosas e teñen unha forte influencia nacionalista española, aínda que tamén compuxo varias pezas de danzas cubanas. Destacan entre outras:

Pezas para voz e piano 20 Cantos españoles (1923) 10 Noëls espagnols (1932)

Ballet L'écharpe bleue (1937)

Pezas para violín e piano Au jardin de Lindaraja pour violon et piano (1927) 5 Comentarios pour violon et piano (1929) Seguida Española (Vieja Castilla, Murciana, Catalana, Andaluza)

Pezas para violonchelo e guitarra Suite española

Pezas para piano Danse ibérienne (1926) Message à Debussy (1929) Chaîne de valses (1929) « 1830 » variaciones (1930) Berceuse pour les orphelins d'Espagne (1939)

Música de cámara Au jardin de Lindaraja (1927) Rhapsodie ibérienne (1930)

Obras literarias Escribiu libros sobre cuestións musicais como:

Pour l'art (1909) Idées et commentaires (1912)

Homenaxes póstumas Joaquín Nin aparece como personaxe dentro da novela La isla de los amores infinitos (Grijalbo, 2006), da escritora cubana Daína Chaviano.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Theodore Baker et Nicolas Slonimsky (trad. Marie-Stella Pâris, préf. Nicolas Slonimsky), Dictionnaire biographique des musiciens [« Baker's Biographical Dictionnary of Musicians »], t. 2 : H-O, Paris, Robert Laffont, coll. « Bouquins », 1995 (réimpr. 1905, 1919, 1940, 1958, 1978), 8e éd. (1re éd. 1900), 4728 p. (ISBN 2-221-06787-8), p. 2984

Categoría:Compositores de España Categoría:Compositores de Cuba Categoría:Pianistas de España Categoría:Nados na Habana Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1949 Categoría:Pianistas de Cuba