Frutos Cerecedo Lapatza, nado cara a 1894 e finado en Pontevedra o 22 de maio de 1975, foi un empresario e político galego.
Traxectoria Doutor en Dereito pola Universidade Central aos 20 anos, colaborou en Galicia Nueva.Galicia Nueva, 4-10-1914, p. 3. Avogado en Vilagarcía, rexentou a Academia Cerecedo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi encargado por Salvador Mujica Buhigas, Comandante Militar, de formar a Comisión xestora do concello de Vilagarcía de Arousa, que presidiu. O 9 de decembro de 1936 foi nomeado alcalde, ocupando o cargo ata o 15 de febreiro de 1937. O 21 de novembro de 1941 volveu ser nomeado alcalde de Vilagarcía, finalizando o seu mandato o 8 de maio de 1944. Foi alcalde novamente o 4 de marzo de 1948 cesando o 1 de febreiro de 1952. En marzo de 1952 foi designado deputado provincial. Seguiu pertencendo ao Consejo Local del Movimiento de Vilagarcía nos anos sesenta.La Noche, 1-11-1965, p. 8. Finou nunha clínica de Pontevedra o 22 de maio de 1975.El Pueblo Gallego, 24-5-1975, p. 14.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas O Alcalde Borruell Recuerdos del Dr. Moreira Casal por Enrique Lago Cid
Categoría:Avogados de Vilagarcía de Arousa Categoría:Alcaldes de Vilagarcía de Arousa Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1975 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes