San Mamede de Bragade é unha parroquia que se localiza no concello de Oza Cesuras. Segundo o IGE en 2017 tiña 194 habitantes (105 mulleres e 89 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 233 habitantes.
Cultura Topónimo Bragade é un topónimo prerromano posiblemente céltico e que se refire a algún poboamento, xa que "brig-" semella referirse a un castro. A súa orixe é anterior ao século III.
Patrimonio Museo Etnográfico. Monumento ao Sagrado Corazón. No Paraxón, o Parque do Sanatorio conta cunha superficie de 85.000 m² de superficie arbórea.
Galería
Lugares e parroquias Lugares de Bragade
Parroquias de Oza Cesuras
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Oza Cesuras
Categoría:Parroquias de Oza Cesuras Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Mamede Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía