Nicanor Rey Díaz, nado en Ferrol e finado en Madrid o 7 de febreiro de 1899Necrolóxica en Diario de Pontevedra, 8-2-1899, p. 2., foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Instalado en Pontevedra dende moi novo, foi redactor de El Buscapié, El Progreso e colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana, La Ilustración Cantábrica e La Paz. En 1881 gañou un posto de redactor de El Imparcial nun concurso poético celebrado en Pontevedra, no que ofreceu ese premio o fundador do xornal Eduardo Gasset Artime. Foi premiado en varios certames poéticos.
Obras Una epístola y un poema, 1880. Hierro y fuego, 1890.
Notas
Categoría: Xornalistas de Ferrol Categoría: Escritores de Galicia Categoría: Nados en Ferrol Categoría: Finados en 1899 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Nados en ano descoñecido