El Deber foi un periódico editado en Pontevedra entre 1873 e 1874.

Historia e características Subtitulado Periódico republicano federal independente, apareceu en marzo de 1873. Saía tres días á semana dos obradoiros tipográficos de J. M. Madrigal. Estaba dirixido por Ramón Faginas e entre os seus colaboradores figuraba Andrés Muruais. Declaradamente republicano, sufriu apercibimentos polo Decreto de Imprenta. Cesou a súa publicación non antes de maio de 1874.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra Ligazóns externas Ficha no Catálogo en liña da Hemeroteca da Deputación de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Pontevedra

Categoría:1873 en Galicia Categoría:Prensa republicana