As chaves ( { } ) son un signo auxiliar dobre consistente en dous trazos unidos nun punto central, semellante ás parénteses.
Uso O uso máis habitual das chaves é configurar a estrutura de esquemas ou cadros sinópticos. En informática poden ter varios usos. Por exemplo, na Wikipedia empréganse para construír e usar modelos.
Uso en Matemáticas Na linguaxe matemática as chaves adoitan aparecer en diferentes contextos: Poden empregarse en operacións combinadas co mesmo significado cás parénteses e os corchetes. Encerran os elementos dun conxunto: V = {A, E, I, O, U}. É habitual indicar cunha chave as diferentes ecuacións que forman un sistema ou as expresións alxébricas dunha función definida a anacos.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Ortografía Categoría:Símbolos matemáticos