Breixo é un nome propio masculino galego. De orixe latina (verissimum), o seu significado é 'moi certo'. En galego tamén ten as variantes Bréixome e Verísimo.
En xaneiro de 2023 existían 890 varóns en Galicia co nome Breixo, cunha media de idade de 13,3 anos,Nome Breixo na Web do Instituto Galego de Estatística e 41 co nome Verísimo, cunha media de idade de 70 anos.Nome Verísimo na Web do Instituto Galego de Estatística Non hai persoas rexistradas coa variante Bréixome.
Breixo noutras linguas Castelán: Verísimo Catalán: Veríssim Italiano: Verissimo Portugués: Veríssimo
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Bibliografía
Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega
Categoría:Nomes masculinos de orixe latina Categoría:Nomes masculinos galegos