Hyrynsalmi é unha localidade da rexión de Kainuu, Finlandia.
Xeografía Hyrynsalmi está situada no centro-norte de Finlandia, cubrindo unha superficie total de 1.521,37 km², dos cales 100,32 km² son de auga. O concello é alongado, cuns 65 km de longo por 20 a 25 km de ancho. Encóntrase no interior de Kainuu, na parte máis montañosa da rexión, e a altitude do territorio varía dende os 156 metros ata unha altitude máxima de 384 metros. O concello é atravesado polo río Emäjoki.
A cidade encóntrase a 69 km da capital da rexión, Kajaani, estando unida á mesma pola nacional 5, que tamén a une coa cidade de Kuusamo, situada a 176 km da cidade.
Limita cos concellos de Suomussalmi ao norte, Puolanka ao oeste, e con Kuhmo e Ristijärvi ao sur.
Poboación O concello de Hyrynsalmi leva a experimentar un importante descenso de poboación, a seguinte táboa mostra a evolución demográfica da localidade dende 1980:
Lingua O concello de Hyrynsalmi é unilingüe en finés. En 2012 a repartición lingüística era a seguinte:Väestö iän (1-v.), sukupuolen ja kielen mukaan alueittain 1990–2012, laaja alueluokitusryhmittely
Lingua finesa: 98,6 %% Outras: 1,4 %
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Municipios de Kainuu