Sebastian Armesto, nado o 3 de xuño de 1982, é un actor de cinema, televisión e teatro inglés.
Traxectoria Fillo do historiador Felipe Fernández-Armesto, e neto de Felipe Fernández Armesto (Augusto Assía), educouse no prestixioso Eton College.
Televisión e filmes Armesto interpretou o papel de Carlos V, emperador do Sacro Imperio Romano na serie The Tudors. Protagonizou en 2008 na ITV a serie dramática The Palace, como o despreocupado irmán máis novo do rei, o príncipe George. A continuación interpretou o personaxe de Edmund Sparkler na versión da BBC da novela de Charles Dickens Little Dorrit. Na película de 2011 Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides Armesto interpretou o rei español Fernando VI. Así mesmo, interpretou o poeta e dramaturgo Ben Jonson na película Anonymus de Roland Emmerich.
Teatro Sebastian Armesto actuou en destacadas producións teatrais en Gran Bretaña, incluíndo tres espectáculos no National Theatre e un no Royal Court. Tamén escribiu e dirixiu obras de teatro coa compañía Simple 8. As súas producións inclén a dirección e adaptación de Les Enfants du Paradis con grande éxito. Máis recentemente, coescribiu e dirixiu unha peza de teatro baseada na obra de William Hogarth The Four Stages of Cruelty, e novas versións de O Gabinete do Dr. Caligari e Moby Dick.
Filmografía Copenhagen - como Jeremy (2014) Anonymous – como Ben Jonson (2011) Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides – como Fernando VI de España (2011) Bright Star – como Mr. Haslam (2009) Little Dorrit – como Edmund Sparkler (9 episodios; 2008) Loser's Anonymous – como Edward (2008) The Palace – como Príncipe George (8 episodios; 2008) Blood Monkey – como Josh Dawson (2007) The Tudors – como Carlos V emperador do Sacro Imperio Xermánico (1 episodio; 2007) Dear Steven Spielberg – como Avogado 6 (2006) Ancient Rome: The Rise and Fall of an Empire – como Honorio (1 episodio; 2006) Marie Antoinette – como Conde da Provenza (2006) The Impressionists – como Crítico de arte (2006) The Virgin Queen – como Charles Blount (2005) Doctor Who – como Broff (1 episodio; 2005) The Bill – como Tim Salcedo (1 episodio; 2005) Hawking – como Robert Silkin (2004)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sebastian Armesto en IMDb Sebastian Armestol en Curtis Brown Talent Agency
Categoría:Nados en 1982 Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Nados en Inglaterra Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Ingleses de ascendencia galega