La Democracia foi un periódico editado en Caldas de Reis entre 1904 e 1911.
Historia e características Subtitulado Semanario defensor de los intereses morales y materiales del distrito, apareceu o 17 de decembro de 1904. Sucesor de El Demócrata. Foi unha publicación de tendencia republicano-lerrouxista promovida por Adolfo Mosquera e dirixida por Ramón Paz Villar. Foi denunciado por inxurias e calumnias a un sacerdote pola publicación do artigo "Contrastes. Un cura de ayer y un cura de hoy", e o seu director procesado e xulgado na Audiencia Provincial en novembro de 1906.La Correspondencia Gallega, 20-11-1906, p. 3. En 1909 cambiou o seu subtítulo por Semanario liberal demócrata. Aínda se publicaba en abril de 1911.Noticiero de Vigo, 27-4-1911, p. 22.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Caldas de Reis Categoría:1904 en Galicia Categoría:Prensa republicana