A D-lactato deshidroxenase (número EC 1.1.1.28)BRENDA D-lactate dehydrogenase é un encima que cataliza a seguinte reacción reversible:

piruvato + NADH + H+ D-lactato + NAD+

O seu nome sistemático é (R)-lactato:NAD+ oxidorredutase. Outros nomes que recibe son: D-ácido láctico deshidroxenase, D-LDH, D-láctico deshidroxenase. Existe en eucariotas e procariotas.

En Lactobacillus bulgaricus o encima ten dúas subunidades iguais de 332 aminoácidos e durante o peche do dominio do centro activo un grupo de residuos de aminoácidos hidrofóbicos rodea o grupo metilo do piruvato, e a especificidade do substrato depende de polo menos tres destes residuos.Kochhar S, Hunziker PE, Leong-Morgenthaler P, Hottinger H. (1992). Primary structure, physicochemical properties, and chemical modification of NAD(+)-dependent D-lactate dehydrogenase. Evidence for the presence of Arg-235, His-303, Tyr-101, and Trp-19 at or near the active site. The Journal of biological chemistry 267 , 8499-8513. PMID 1569100. miniatura|esquerda|Reacción da D-LDH.

Na D-lactato deshidroxenase de Escherichia coli existe un dominio de unión á membrana. Este consta dunha grande folla beta de sete cadeas antiparalelas flanqueada a ambos os lados por hélices alfa. Permite a asociación a membranas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos L-lactato deshidroxenase L-lactato deshidroxenase (citocromo) D-lactato deshidroxenase (citrocromo)

Categoría:Oxidorredutases