A Nebulosa do Cono é unha rexión H II da constelación de Monoceros. Foi descuberta por William Herschel o 26 de decembro de 1785, momento na que a designou coma H V.27 . A nebulosa está situada a uns 830 parsecs ou 2.700 anos luz de distancia respecto da Terra. A Nebulosa do Cono forma parte da nebulosidade ó redor do Cúmulo Árbore de Nadal. A designación de NGC 2264 no New General Catalogue refírese a obxectos e non a nebulosa por separado.
A difusa Nebulosa do Cono, chamada así pola súa forma cónica, atópase na parte sur de NGC 2264, a parte norte vén sendo a magnitude -3,9 do Cúmulo Árbore de Nadal. Á súa vez o conxunto está situado na parte norte de Monoceros, xusto ó norte do punto medio dunha liña imaxinaria entre Procyon e Betelgeuse.
A forma do cono vén dunha nebulosa de absorción escura que está composta hidróxeno molecular frío e po en fronte dunha apagada nebulosa de emisión que contén hidróxeno ionizado por S Monocerotis, a estrela máis brillante de NGC 2264. Esta nebulosa débil (cun tamaño aparente de 10 minutos de arco) está separada uns sete anos luz respecto da nebulosa escura, e o conxunto de ambas está a 2.700 anos luz de distancia da Terra.
A nebulosa é parte dun complexo moito máis grande de formación de estrelas -o Telescopio Espacial Hubble foi usado para capturar imaxes das estrelas en formación en 1997.
Véxase tamén Ligazóns externas
SEDS information on NGC2264 Photograph for Astronomy Picture of the Day Cone Nebula pictures from ESA-Hubble Hubble image of Cone Nebula
Categoría:Nebulosas escuras Categoría:Nebulosas difusas Categoría:Constelación de Monoceros Categoría:Rexións H II