A Nebulosa Iris, tamén coñecida coma NGC 7023 e Caldwell 4, é unha brillante nebulosa de reflexión da constelación Cepheus. NGC 7023 é realmente o cúmulo de estrelas que está no interior da nebulosa, a cal está catalogada coma LBN 487; á súa vez, a nebulosa está iluminada por unha desas estrelas, a SAO 19158, que posúe unha magnitude aparente de 7. A nebulosa brilla cunha magnitude de 6,8 e está situada preto da estrela T Cephei que é do tipo de estrelas variables Mira, tamén está preto da brillante estrela variable Beta Cephei (Alphirk) que ten unha magnitude de 3,23. A Nebulosa Iris está a 1.300 anos luz de distancia e ten de seis anos luz de diámetro.

Citas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas SEDS – NGC 7023 Simbad – NGC 7023 VizieR – NGC 7023 NED – NGC 7023 Dark Atmospheres Photography – Iris Nebula NGC 7023 See NGC 7023 in WorldWide Telescope

Categoría:Constelación de Cepheus Categoría:Nebulosas de reflexión Categoría:Nebulosas difusas