NGC 2080 (A Nebulosa Cabeza de Pantasma) é unha rexión de formación de estrelas, ademais de ser unha nebulosa de emisión que está ó sur do 30 Doradus (Nebulosa da Tarántula), no sur da constelación de Dorado. Esta nebulosa pertence á Gran Nube de Magallanes, unha galaxia satélite da Vía Láctea, que está a unha distancia de 168.000 anos luz. NGC 2080 foi descuberta por John Frederick William Herschel no ano 1834. A Nebulosa Cabeza de Pantasma ten un diámetro de 50 anos luz. e ten este nome debido ós dous parches brancos que posúe, chamados "os ollos da pantasma". O parche occidental, chamado A1, ten unha burbulla no centro, que se creou pola estrela masiva e nova que contén. O parche oriental, chamado A2, ten varias estrelas novas nun recentemente formado cúmulo estelar, pero estas estrelas aínda son escurecidas pola nube de po onde se orixinaron. Xa que ningunha de ambas nubes de po se disiparon debido á radiación estelar, os astrónomos deduciron que ambos conxuntos de estrelas formáronse nos últimos 10.000 anos. Estas estrelas comezaron a crear unha burbulla na nebulosa coas súas emanacións de material, chamado vento estelar.

A presenza de estrelas tamén inflúe na cor da nebulosa. A parte occidental da nebulosa ten unha liña de emisión de osíxeno dominante por mor dunha estrela moi potente da periferia da nebulosa, o que lle da a cor verde. Tanto o hidróxeno coma o osíxeno son ionizados na rexión central, que aparece cunha cor amarela pálida, cando o hidróxeno é enerxizado o suficiente coma para emitir nunha segunda lonxitude de onda da luz, entón aparece o azul, tal coma sucede na área circundante A1 e A2.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Hubble Sends Season's Greetings from the Cosmos to Earth – Hubble Space Telescope news release APOD, 2001 October 31 Release on NGC 2080 at ESA/Hubble

Categoría:Constelación de Dorado Categoría:Nebulosas difusas