The Rise and Fall of Ziggy Stardust and the Spiders from Mars é un álbum conceptual do músico inglés David Bowie, publicado o 6 de xuño de 1972 a través do selo RCA Records. O disco acadou o número 5 no Reino Unido e o 75 na Billboard estadounidense.

O álbum conta a historia do alter-ego de Bowie Ziggy Stardust, unha estrela de rock que actúa de mensaxeiro para seres extraterrestres. Bowie creou a Ziggy Stardust mentres estaba en Nova York promovendo Hunky Dory e actuou como el nunha xira polo Reino Unido, Xapón e NorteaméricaDavid Bowie and the Rise of Ziggy Stardust, documental da BBC 4.. O álbum, e a personaxe de Ziggy Stardust, foi coñecido polas súas influencias glam rock e as temáticas de exploración sexual e comentario social. Eses factores, xunto coa ambigüidade que rodeaba á sexualidade de Bowie e alimentados por unha interpretación innovadora de "Starman" no programa Top of the PopsBowie en Top of the Pops, fixeron que se vise envolto en controversia e que dende entón sexa considerado un traballo seminalRecensión do disco en Sputnik Music.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de David Bowie Categoría:Álbums musicais de 1972 Categoría:Álbums producidos por Ken Scott Categoría:Álbums de RCA Records Categoría:Álbums conceptuais