Laureano Poza Juncal, nado en Pontevedra en 1908 e finado na Cidade de México o 31 de xaneiro de 1996, foi un químico e político galego.

Traxectoria Fillo de Joaquín Poza Cobas e de Pilar Juncal, estudou Químicas, licenciándose cun brillante historial académico e foi dirixente da FUE. Foi profesor de Química Industrial Orgánica e Análise Químico na Escola Industrial de Vigo. Socio do Centro Republicano de Pontevedra, militou en Acción Republicana e despois en Izquierda Republicana. Nas eleccións de febreiro de 1936 interveu en actos políticos na provincia de Pontevedra. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi profesor na Escuela de Guerra número 1 de Barcelona. Foi depurado en 1936 do seu posto de profesor. Exiliouse en México, onde foi profesor de Ciencias Químicas na Universidade Internacional e no Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón. Fixo investigacións coa urotropina e outros medicamentos. En México aproximouse ao grupo dos socialistas galegos exiliados, foi copatrocinador da revista Vieiros e publicou Pensamientos Filosóficos y Proyecciones Esotéricas.

Vida persoal Casou con Elisa Díaz Riva.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas "Orígenes de la masonería. Una realidad histórica" de Laureano Poza Juncal.

Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Masóns de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes