Leandro Pita Lamas, nado en Mera de Abaixo (Ortigueira) o 12 de novembro de 1819 e finado no mesmo concello en 1873, foi un político galego.

Traxectoria Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Ortigueira entre 1850-1851, 1854-1856 e en 1872. Foi tamén deputado provincial. Casou en primeiras nupcias con Mercedes García Barro, que morreu aos poucos anos, e en segundas nupcias con Gertrudis Sánchez-Boado, e foi pai de Leandro Pita Sánchez-Boado.

Véxase tamén Ligazóns externas Orteganos: Luciano Pita Sánchez-Boado

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Ortigueira Categoría:Nados en 1819 Categoría:Finados en 1873 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos