A arquieparquía de Bagdad dos armenios (en latín Archieparchia Babylonensis Armenorum) é unha sede da Igrexa Católica Armenia, inmediatamente suxeita ao Patriarcado de Cilicia. En 2012 contaba con 1.650 bautizados. O seu arcebispo actual é Emmanuel Dabbaghian.

Historia A arquidiocese ten a súa orixe no xenocidio armenio, cando as dioceses armenias en Turquía perderon gran parte da súa poboación. O arcebispo de Mardin, Nersēs Tayroyan, estableceuse de xeito temporal en Bagdad, até que o 29 de xuño de 1954, coa bula Ex quo tempore, o papa Pío XII erixiu en territorios da arquieparquía de Mardin a arquieparquía de Bagdad, suprimindo a anterior.

Territorio A arquieparquía ten xurisdición canónica sobre todos os fieis católicos de rito armenio que viven en Iraq. A sé arquieparquial é a cidade de Bagdad, onde se atopa a catedral da Nosa Señora de Nareg.

O territorio está subdividido en dúas parroquias. Episcopoloxio Nersēs Tayroyan (29 de xuño de 1954 - 1 de outubro de 1972, retirado) Hovhannes Kasparian (6 de decembro de 1972 - 5 de agosto de 1982, elixido Patriarca de Cilicia) Paul Coussa (27 de xuño de 1983 – 13 de outubro de 2001, retirado) Ēmmanowel Dabaġyan (26 de xaneiro de 2007 – 9 de outubro de 2017, retirado)

Ligazóns externas Ficha en Catholic-Hierarchy.org

Bagdad Bagdad