María Hilda Rodríguez Rodríguez, nada en Portomarín o 10 de maio de 1955, é unha xogadora de boccia galega con parálise cerebral.

Traxectoria Participou en campionatos de España, de Europa, e do mundo. Foi a primeira medallista paralímpica galega, ao conseguir dous ouros nos Xogos Paralímpicos de Atlanta 1996. Ten 51 Ouros, 14 Pratas, 10 Bronces, 11 Récords Nacionais, 1 Ibérico, e 19 medallas conseguidas as 13 veces que foi internacional. En 2013 foille concedida a Medalla Castelao.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Paralimpicos.es

Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Portomarín Categoría:Nados en 1955 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Medallistas paralímpicos de Galicia