Ardashir III (en persa medio:75px, e en persa moderno: اردشیر سوم), nado en 621 e finado o 27 de abril de 629, foi un rei sasánida que gobernou dende o 6 de setembro de 628 ata o 27 de abril de 629.

Traxectoria Ardashir era fillo de Kavadh II (r. 628) e "Anzoy a romana". A súa nai era probablemente orixinaria do Imperio Bizantino.Martindale, Jones & Morris (1992), p. 94 Ascendeu ó trono con só sete anos, mais na realidade exerceu pouco poder real e o seu imperio foi controlado polo ministro Mahadharjushnas, cuxo deber era protexer o imperio ata que Ardashir fose maior de abondo para gobernar. Porén, en 629, Shahrbaraz, un spahbed, rebelouse contra Ardashir, e capturou Ctesiphon, matando ó neno rei xunto con Mahadharjushnas.Pourshariati (2008), p. 179-181

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Imperio Sasánida Lista de reis sasánidas Moeda sasánida

Bibliografía

Categoría:Nados en 621 Categoría:Finados en 629 Categoría:Dinastía sasánida