A pteridina ou azinopurinaPubChem compound Pteridine é un composto químico aromático composto por un anel de pirimidina fusionado cun anel de pirazina. Unha pteridina é tamén un grupo de compostos heterocíclicos que conteñen unha ampla variedade de substitucións na súa estrutura. As pterinas e as flavinas son clases de pteridinas substituídas que teñen unha importante actividade biolóxica.

As pteridinas son pigmentos, que producen cor en estruturas biolóxicas como os iris dos ollos de moitos animais invertebrados,Tara C. Thiemann, Truman. Genotype to Phenotype: Investigating Eye Color Mutations Using Chromatography. e vertebrados,Geoffrey Edward Hill, Kevin J. McGraw. Bird Coloration: Function and evolution. Google books. .Pigeon Genetics. Pigeon eye colors pero non na cor dos ollos humanos.

A pteridina, é un precursor na síntese de ácido dihidrofólico en moitos microorganismos.Alun Bermingham, Jeremy P. Derrick. The folic acid biosynthesis pathway in bacteria: evaluation of potential for antibacterial drug discovery. BioEssays. Volume 24, Issue 7, pages 637–648, July 2002. A pteridina e o ácido 4-aminobenzoico convértense pola acción do encima dihidropteroato sintetase en ácido dihidrofólico en presenza de glutamato. O encima dihidropteroato sintetase é inhibido polos antibióticos sulfamidas.

Notas

Voet, D.; Voet, J.G. (2004). Biochemistry (3rd ed.). John Wiley & Sons. ISBN 0-471-39223-5

Véxase tamén Ligazóns externas https://web.archive.org/web/20131202231508/http://grupoargentinodefotobiologia.info/grupos/pteridinas/e_index.html

Categoría:Pteridinas Categoría:Compostos químicos