Saša Ilić, nado en Požarevac o 30 de decembro de 1977, é un futbolista serbio que xoga na demarcación de centrocampista.

Traxectoria Formouse e comezou a xogar no FK Partizan de Belgrado, xogou no equipo serbio durante case dez anos seguidos, salvo seis meses na tempada 2003/04 que xogou cedido no Celta de Vigo. A pesar do seu bo papel o equipo descendeu a Segunda División a final de tempada e el volve a Belgrado.

No verán de 2005 fichou polo Galatasaray SK turco, de onde saíu traspasado ao Red Bull Salzburg en xuño de 2007. O ano 2009 xogouno cedido no AE Larisa grego e en 2010 fichou polo seu club de orixe, o Partizan Belgrado.

Coa selección de fútbol Saša Ilić comezou a xogar co combinado nacional da extinta Iugoslavia. 37 veces internacional por Serbia e Montenegro, debutou con este combinado o 16 de agosto de 2000 ante Irlanda do Norte en Belfast con vitoria por 1-2. Aquel día formou canda a xogadores como Djordjevic, Mijatovic, Milosevic, Kezman ou Stankovic.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogador en bdfutbol Páxina oficial do xogador

Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Požarevac Categoría:Futbolistas de Serbia Categoría:Futbolistas de Iugoslavia Categoría:Xogadores do FK Partizan Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Galatasaray SK Categoría:Xogadores do Red Bull Salzburg Categoría:Xogadores do AE Larissas 1964 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Iugoslavia Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Serbia e Montenegro Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Serbia