As eleccións xerais de España de 1910 foron convocadas o 8 de maio, trala crise do goberno conservador de Antonio Maura por mor da Semana Tráxica de Barcelona en 1909, baixo sufraxio universal masculino. En total foron elixidos 404 deputados, e o partido máis votado foi o Partido Liberal, dirixido por José Canalejas. O Partido Conservador quedou moi debilitado, e en Navarra presentouse en coalición con carlistas e integristas. Tamén se presentou unha Conxunción Republicano-Socialista, dirixida polo escritor canario Benito Pérez Galdós, que reuniu na coalición diversos grupos republicanos, o Partido Socialista Obrero Español, o Partido Republicano Radical e o Partido Republicano Democrático Federal. A Unión Federal Nacionalista Republicana, unha vez rota a Solidariedade Catalá presentouse en solitario e por primeira vez rompeu a hexemonía da Lliga Regionalista en Cataluña.

Foi elixido Presidente do Congreso o liberal conde de Romanones, que foi substituído en 1912 por Segismundo Moret; á súa morte en 1913 accedeu á Presidencia Miguel Villanueva. O Presidente do Senado foi Eugenio Montero Ríos.

O xefe de goberno foi José Canalejas, que foi asasinado o 12 de novembro de 1912. Substituíuno entón o conde de Romanones que dimitiu o 27 de outubro de 1913 debido á división interna do partido de Manuel García Prieto, fundador do Partido Liberal Demócrata. Ao mesmo tempo, tamén houbo división no Partido Conservador cando Antonio Maura e Juan de la Cierva Peñafiel non aceptaron o liderado de Eduardo Dato. Máis tarde crebou tamén a Conxunción Republicano-Socialista, a pesar do relativo éxito obtido.

Composición do Congreso dos Deputados ← Eleccións Xerais en España, 8 de maio de 1910 → Partido Porcentaxe Escanos Líder Partido Liberal 43,4 % 215 José Canalejas Partido Conservador 21,9 % 115 Antonio MauraConjunción Republicano-Socialista 10,3 % 27 Benito Pérez Galdós Unión Federal Nacionalista Republicana (UFNR) 5,3 % 11 Josep Maria Vallès Lliga Regionalista 2,7 % 10 Enric Prat da Riba Comunión Tradicionalista (xaimista) 2,2 % 10 Juan Vázquez de Mella Católicos independentes 3 Joaquín de Arteaga Partido Integrista 2 Manuel Senante y Martínez Partido de Unión Republicana Autonomista (PURA) 1 Félix Azzati Nacionalistas republicanos cataláns 1 Francesc Macià Independentes 5 Partido Socialista Obreiro Español 1 Pablo Iglesias Posse Outros 2 Total 403

Deputados das provincias galegas Os deputados que obtiveron un escano no Congreso polos distritos galegos nestas eleccións foron:Os distritos aparecen englobados dentro da provincia correspondente A Coruña miniatura|200px|O galego José Canalejas foi nomeado Presidente do Consello de Ministros. miniatura|200px|Manuel García Prieto. Juan Armada Losada Gustavo Bauer Morpurgo José Canalejas y Méndez Joaquín Chapaprieta Torregrosa Juan Fernández Latorre Manuel García Prieto Rafael Gasset Chinchilla Alonso Gullón y García Prieto José Lombardero Franco Daniel López López Eugenio Montero Villegas José del Moral Sanjurjo José Ortega Munilla Francisco Prieto Mera José Sánchez Anido Ramón Sanjurjo Neira y Pardiñas Lino Torre Sánchez-Somoza Anselmo Villar Amigo Julio Wais San Martín

Lugo Ramón Bustelo González Javier García de Leaniz y Arias de Quiroga Antonio Goicoechea Cosculluela Andrés Avelino Montero Villegas Guillermo Joaquín de Osma y Scull Manuel Portela Valladares Joaquín Quiroga Espín Fernando Soldevilla y Ruiz José Soto Reguera Miguel Tacón y Calderón Nicolás Vázquez de Parga y de la Riva

Ourense Francisco Barber Sánchez Darío Bugallal Araújo Senén Canido y Pardo Juan José Cobián y Fernández de Córdoba Eduardo Cobián Roffignac Luis Espada Guntín Álvaro López de Carrizosa y de Giles Adolfo Merelles Martel Vicente Pérez y Pérez Alfredo de Zavala y Camps

Pontevedra miniatura|200px|Ángel Urzáiz foi deputado por Vigo. Ángel Álvarez Mendoza Gabino Bugallal Araújo Isidoro Bugallal Araújo Francisco de Federico y Riestra Bernardo Mateo Sagasta Echeverría Alejandro Mon Landa y Landa Alejandro Mon y Landa Mariano Ordóñez y García Raimundo Riestra Calderón Pedro Seoane Varela Ángel Urzáiz y Cuesta Eduardo Vincenti Reguera

Notas

Véxase tamén Afonso XIII José Canalejas

1910 Categoría:1910