miniatura|, no costado esquerdo do mural, cargase de simboloxía e destacase o nopal enraizado cos copihues, e as bandeiras ao vento. A Presencia de América Latina, tamén coñecida como Integración de América Latina, é unha pintura mural de 300 metros cadrados, pintada en acrílico sobre estuco áspero, polo artista mexicano Jorge González Camarena entre novembro de 1964 e abril de 1965. A obra é localizada no vestíbulo de acceso da Casa del Arte da Cidade Universitaria de Concepción, Chile, e a súa temática principal, de forte carácter simbólico, é a unidade e a fraternidade das distintas culturas de América Latina. miniatura|150px|A Placa de recoñecemento como monumento histórico nacional. A pintura mural foi declarada Monumento Histórico polo Decreto 147 do 30 de abril do 2009.Mural 'Presencia de América Latina' de Jorge González Camarena , Monumentos.cl, Consultado o 15 de xaneiro de 2014 No 2010, no bicentenario de Chile, a obra foi recoñecida baixo o presente status polo Goberno de Chile, situándose na obra unha placa de recoñecemento.Mural de la Casa del Arte recibió su Placa Bicentenario , Consultado o 15 de xaneiro de 2014

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Universidade de Concepción

Bibliografía Nuestro.cl (abril de 2007). «Mural "Presencia de América Latina". Emblema de la cultura penquista » . Peralta, Tole (setembro, 1965). «Muro y mural». Casa de Arte "José Clemente Orozco", Universidade de Concepción. Echeverría Cancino, Albino. Presencia de América Latina: apuntes para la historia del mural. Universidade de Concepción, Chile: Dirección de Extensión. Domínguez Correa, Paula; Cordero García, Jaime. «cap. 1». De los artistas al pueblo: Esbozos para una historia del muralismo social en Chile. Memoria para optar ó grao académico de Licenciatura en Artes con mención en Teoría e Historia da Arte. Universidade de Chile, Facultade de Artes, Departamento de Teoría das Artes. Santiago de Chile. 91 páxinas.

Ligazóns externas Casa del Artee Dirección de Extensión da Universidade de Concepción]

Categoría:Obras pictóricas Categoría:Cultura de Chile