Ikechukwu Uche, nado en Lagos o 5 de xaneiro de 1984, é un futbolista nixeriano. Xoga de dianteiro. É irmán do tamén futbolista Kalu Uche.
Traxectoria Comeza a xogar en España no SD O Val, fichando ao ano seguinte polo Racing de Ferrol, co que disputaría 24 encontros en Segunda División no primeiro ano. Tralo descenso do equipo a Segunda División B fichou polo Recreativo de Huelva, co que ascendeu a Primeira División no ano 2006 e se proclamou máximo anotador de Segunda División.
Ao final da tempada seguinte fichou polo Getafe CF, tamén en Primeira División, e ao cabo de dous anos polo Real Zaragoza, onde sufriu dúas importantes lesións consecutivas, rotura do ligamento cruzado anterior superior e rotura do menisco interno, o que impediu que tivera continuidade e se fixera cun oco no equipo titular.
En agosto de 2011 ficha polo Villarreal CF, quen o cede ao Granada CF o primeiro ano. Na tempada 2012/13 volve ao Villareal, co que acada o ascenso a Primeira División.
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha do xogador en bdfutbol.com Historial de traspasos do xogador
Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Lagos Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas de Nixeria Categoría:Xogadores da SD O Val Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores do Getafe CF Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do Tigres de la UANL Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Nixeria