Adolfo Merelles Martel, nado en Madrid en 1883 e finado na mesma cidade o 16 de xaneiro de 1962, foi un político galego.
Traxectoria Fillo de Adolfo Merelles Caula, dono do Pazo de Porteliña en Beariz. Foi elixido deputado polo distrito de Ribadavia nas eleccións de 1910. Participou na Asemblea Agraria de Ribadavia (1912) e fundou en 1913 o periódico agrarista Heraldo de Galicia que dirixiu a finais dese ano. Promoveu o inicio das obras da estrada OU-213, que une San Cristovo con Beariz. Volveu ser candidato a deputado polo distrito de Ribadavia nas eleccións de 1914, 1916, 1920 e 1923, pero foi derrotado polo candidato conservador José Estévez Carrera que tiña o apoio de Gabino Bugallal. Finou en Madrid o o 16 de xaneiro de 1962.Necrolóxica en ABC
Vida persoal Casou con Carmen Eguiluz Ullibarri.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Panteón de Merelles
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1962 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes