Antonio Lorenzo Rodríguez, nado en 1950 e finado en Ribadavia o 25 de maio de 2012, foi un político galego.

Traxectoria Arquitecto técnico de profesión. Membro de Centristas de Galicia, encabezou a coalición da súa formación con Alianza Popular en Ribadavia nas municipais de 1987 e foi a forza máis votada, pero moi lonxe da maioría absoluta, polo que non logrou a alcaldía tras apoiar outros grupos ao socialista Miguel Fidalgo. Porén, en xullo de 1989 logrou a alcaldía tras unha moción de censura apoiada polos Independentes do Municipio de RibadaviaUna moción de centro-derecha cambia el alcalde en Ribadavia. Permaneceu no cargo até as municipais de 1991, nas cales o seu partido optou porque non fose o seu candidato á alcaldía. Foi presidente do Consello Regulador do Ribeiro (1992-1995).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ribadavia

Categoría:Alcaldes de Ribadavia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1950 Categoría:Finados en 2012