Benigno Gómez Gómez, nado na Veiga (Carballeda de Avia) cara a 1902, foi un empresario e político galego.
Traxectoria
Dono dun serradoiro en Carballeda. Na República, coa vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado alcalde de Carballeda de Avia a principios de marzo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado. Capturado pola Garda Civil en febreiro de 1939, foi xulgado en Ourense o 16 de xuño con Juan Rodríguez Bóveda acusados de rebelión militar na causa 933/36.La Región, 16-6-1939, p. 3. Foi condenado a 30 anos de reclusión perpetua. Preso da cadea de Ourense, saíu en liberdade condicional en agosto de 1940. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1939 que foi anulado, e volvéronllo abrir en 1943.BOE, 11-2-1943, p. 548.
Vida persoal Casou con Amparo Rivera Fernández.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Expediente de responsabilidades políticas de Juan Rodríguez Bóveda e outros.
Categoría:Alcaldes de Carballeda de Avia Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Carballeda de Avia Categoría:Nados en 1902