As eleccións xerais de España de 1919 foron convocadas no medio dunha crise política e económica sen precedentes, celebrándose o 1 de xuño de 1919, baixo sufraxio universal masculino. En total foron elixidos 409 deputados ao Congreso dos Deputados, e o partido máis votado foi a coalición dos sectores mauristas e ciervistas do Partido Conservador, dirixido entón por Antonio Maura. O Partido Socialista Obrero Español, o Partido de Unión Republicana Autonomista (PURA) e a Federación Republicana presentáronse xuntos na Conjunción republicano-socialista, pero só alcanzaron 15 escanos.

Foi elixido presidente do Congreso Juan Armada, marqués de Figueroa (substituído o 29 de xullo de 1919 por José Sánchez Guerra) e presidente do Senado Manuel Allendesalazar (substituído máis tarde por Joaquín Sánchez de Toca Calvo). O xefe de goberno foi Antonio Maura, ata que o 20 de xullo foi nomeado Joaquín Sánchez de Toca Calvo. En decembro foi obrigado a dimitir, e dada a incapacidade de Eduardo Dato para formar goberno, foi nomeado xefe do executivo Manuel Allendesalazar o 12 de decembro, quen renunciou o 20 de maio de 1920, momento no que se convocaron novas eleccións.

Composición do Congreso dos Deputados tralas eleccións ← Eleccións Xerais en España, 1 de xuño de 1919 → Partido Escanos Líder Partido Conservador (Mauristas y ciervistas) 104 Antonio MauraPartido Conservador (Seguidores de Dato) 94 Eduardo Dato Partido Liberal (Demócratas) 52 Manuel García Prieto Partido Liberal (seguidores de Romanones) 40 Álvaro Figueroa y Torres Mendieta Partido Liberal-Esquerda Liberal 30 Santiago Alba Bonifaz Conjunción Republicano-Socialista 15 Álvaro de Albornoz Lliga Regionalista 14 Francesc Cambó Unión Monárquica Nacional 6 Alfons Sala i Argemí Partido Reformista 6 Melquíades Álvarez Comunión Nacionalista Vasca 5 Ramón de la Sota Partit Republicà Català 2 Gabriel Alomar Liberais agrarios 5 Rafael Gasset Chinchilla Partido Republicano Radical 4 Alejandro Lerroux Liberais partidarios de Alcalá Zamora 4 Niceto Alcalá Zamora Comunión Tradicionalista (jaimistas) 4 Pascual Comín Federación Monárquica Autonomista 3 Manuel María Girona y Fernández Maqueira Partido Católico Tradicionalista 3 Juan Vázquez de Mella Liberais independentes 3 Partido Agrario Español 2 Diego Martín Veloz Nacionalistas republicanos cataláns 2 Francesc Macià Partido Integrista 1 Manuel Senante y Martínez Partido Republicano Democrático Federal 1 Julià Nougués i Subirà Rexionalistas (aragoneses e leoneses) 2 Independentes 4 TOTAL 406

Véxase tamén Outros artigos

Eduardo Dato Ligazóns externas Resultados das eleccións de 1919. Histórico de Deputados.

1919 Categoría:1919 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos