O derradeiro grande heroe (en ) é un filme estadounidense dirixido por John McTiernan que se estreou en 1993.
Estreouse en galego o 6 de marzo de 1996 a través da TVG.La Voz de Galicia, 6 de marzo de 1996. Páx. 79
Sinopse Danny Madigan é un rapaz fantasioso e grande admirador de Jack Slater, o maior heroe do cine de acción. Cando se estrea o seu último filme, o vello acomodador do cine agasalla ó mozo unha entrada para que a vexa en primicia. Grazas a esa entrada, que resulta ter poderes máxicos, Danny consegue introducirse na pantalla e vivir en persoa as abraiantes aventuras con Jack.
Personaxes Arnold Schwarzenegger como Jack Slater / El mesmo Austin O'Brien como Danny Madigan Charles Dance como Benedict Robert Prosky como Nick Tom Noonan como The Ripper / El mesmo Frank McRae como Tenente Dekker Anthony Quinn como Tony Vivaldi Bridgette Wilson como Whitney Slater e Meredith Caprice F. Murray Abraham como John Practice Mercedes Ruehl como Irene Madigan Art Carney como Frank Charles Kalani, Jr. como Tough Asian Man Ryan Todd como Andrew Slater
Cameos Franco Columbu aparece como director de Jack Slater IV. Tina Turner aparece en Jack Slater III como alcaldesa dos Ánxeles. Cando Danny e Slater chegan ó departamento de policía, Sharon Stone e Robert Patrick aparecen na porta principal como Catherine Tramell (de Instinto básico) e o T-1000 (de Terminator 2: O xuízo final), respectivamente. Sylvester Stallone como Terminator nun póster promocional de Terminator 2 Angie Everhart como Empregada na tenda de vídeo Durante a estrea de Jack Slater IV no mundo real, aparecen varias celebridades facendo de si mesmas. Entre elas está a daquela muller de Schwarzenegger Maria Shriver, Little Richard, Leeza Gibbons, James Belushi, Damon Wayans, Chevy Chase, Timothy Dalton e Jean-Claude Van Damme. MC Hammer pregunta a Slater sobre un acordo para a banda sonora de Jack Slater V. Ian McKellen como a Morte Danny DeVito como voz de Whiskers
Galardóns e nomeamentos 1993: Premios Razzie: 6 nomeamentos, incluíndo peor filme, director e actor (Arnold Schwarzenegger) 1993: Saturn Awards: 7 nomeamentos, incluíndo mellor filme fantástico, director e actor.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1993 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John McTiernan Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes de 1993 con versión en galego