Pedro Antonio Rivas Fontenla, nado en Mos en 1931, é un xornalista galego. Traxectoria Comezou os estudos de Dereito e proseguiu os de Profesorado Mercantil na Universidade de Santiago de Compostela. Comezou como xornalista no periódico Litoral, e en 1956 gañou un certame polo artigo "La gran miseria de un genio". Escribiu tamén en La Noche, e en agosto dese mesmo ano tivo unha mención noutro certame co artigo "Recorrido por los montes y los ríos de la provincia de Pontevedra". Estudou na Escola de Periodismo de Madrid e pasou a ser correspondente deportivo en Pontevedra. Presidiu a cooperativa que recuperou o Diario de Pontevedra en 1968 e despois pasou a dirixir o xornal. En 1984 o alcalde de Pontevedra José Rivas Fontán denunciouno por varios artigos nese periódico.

Foi concelleiro de Pontevedra durante o franquismo polo terzo de representantes sindicais, e dimitiu do cargo en xullo de 1977. Inspirou con Manuel Fontoira Surís o partido Pontevedra Unida, e foi como número 3 nas listas de cara ás eleccións municipais de 1995. Nas eleccións municipais de 1999 foi cabeza de lista por Centro Democrático y Social-Unión Centrista, mais tampouco foi elixido concelleiro.

Foi presidente do Pontevedra CF (1993-1994). Na súa mocidade participou en dous eventos taurinos en Redondela, durante a festa da Coca de 1952, e mais en Pontevedra, e foi xerente da praza de touros de Pontevedra.

Recoñecementos

Foi nomeado Fillo adoptivo de Pontevedra en 1997.

Notas

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Concelleiros de Pontevedra Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Presidentes do Pontevedra CF Categoría:Nados en Mos

Categoría:Nados en 1931 Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición