O Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 de (formalmente o Großer Preis von Deutschland) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou en Hockenheimring o 31 de xullo de 1977. Logo do accidente case mortal de Niki Lauda no perigoso Nürburgring no Gran Premio de Alemaña de 1976, a carreira trasladouse para celebrarse en Hockenheim ata 2007, agás en , este foi o segundo ano no que a carreira disputouse alí (o primeiro foi en 1970).
Resumo da carreira Na cualificación, Jody Scheckter logrou a súa primeira pole da tempada , por diante de John Watson e Niki Lauda quen encabezou a segunda fila. Scheckter mantivo o liderado na primeira curva en tanto Watson e Lauda mantiñan as súas posicións. Watson meteu presión a Scheckter ata que o seu motor fallou na oitava volta, quedando Lauda segundo, que pasou a Scheckter pouco despois e comezou a afastarse. Scheckter loitou polo segundo posto con James Hunt ata que o defensor do campionato retirouse cun fallo no motor, deixando terceiro ao compañeiro de equipo de Watson o piloto local Hans-Joachim Stuck. Mantívose así ata o final; Lauda gañador seguido de Scheckter e Stuck.
Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 11 Niki Lauda Ferrari 47 1:31:49.3 3 9 2 20 Jody Scheckter Wolf-Ford 47 +14.33 segs 1 6 3 8 Hans Joachim Stuck Brabham-Alfa Romeo 47 +20.9 segs 5 4 4 12 Carlos Reutemann Ferrari 47 +60.27 segs 8 3 5 19 Vittorio Brambilla Surtees-Ford 47 +87.37 segs 10 2 6 23 Patrick Tambay Ensign-Ford 47 +89.81 segs 11 1 7 18 Vern Schuppan Surtees-Ford 46 +1 volta 19 8 9 Alex Ribeiro March-Ford 46 +1 volta 20 9 3 Ronnie Peterson Tyrrell-Ford 42 Motor 14 10 16 Riccardo Patrese Shadow-Ford 42 Roda 16 Ret 24 Rupert Keegan Hesketh-Ford 40 Accidente 23 Ret 5 Mario Andretti Lotus-Ford 34 Motor 7 Ret 1 James Hunt McLaren-Ford 32 Bomba combustible 4 Ret 6 Gunnar Nilsson Lotus-Ford 31 Motor 9 Ret 2 Jochen Mass McLaren-Ford 26 Caixa de cambios 13 Ret 4 Patrick Depailler Tyrrell-Ford 22 Motor 15 Ret 26 Jacques Laffite Ligier-Matra 21 Motor 6 Ret 25 Héctor Rebaque Hesketh-Ford 20 Motor 24 Ret 30 Brett Lunger McLaren-Ford 14 Accidente 21 Ret 10 Ian Scheckter March-Ford 9 Embrague 19 Ret 7 John Watson Brabham-Alfa Romeo 8 Motor 2 Ret 34 Jean-Pierre Jarier Penske-Ford 5 Transmisión 12 Ret 17 Alan Jones Shadow-Ford 0 Accidente 17 Ret 6 Clay Regazzoni Ensign-Ford 0 Accidente 22 DSC 35 Hans Heyer Penske-Ford 9 Transmisión,participou ilegalmente 25 NSC 27 Patrick Nève March-Ford NSC 36 Emilio de Villota McLaren-Ford NSC 28 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford NSC 37 Arturo Merzario March-Ford NSC 40 Teddy Pilette BRM
Posicións logo da carreira
Clasificación do campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Niki Lauda 48 2 Jody Scheckter 38 3 Mario Andretti 32 4 Carlos Reutemann 31 5 James Hunt 22
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Ferrari 65 (67) 2 Lotus-Ford 47 3 Wolf-Ford 38 4 McLaren-Ford 34 5 Brabham-Alfa Romeo 23
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 8 mellores resultados das primeiras 9 roldas e os 7 mellores resultados das últimas 8 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Notas O alemán Hans Heyer non cualificou, pero comezou desde o pit lane, para retirarse cunha falla mecánica. Máis tarde foi descualificado.
Ligazóns externas
Alemaña Categoría:Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1